Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volta á normalidade orzamentaria, por Venancio Salcines

Volta á normalidade orzamentaria, por Venancio Salcines

G24.gal 25/05/2023 10:16

Bruxelas quere que España e o resto de nacións volvan á normalidade orzamentaria. E máis dun preguntarase: É isto que vén sendo? Pois é abandonar as políticas de axuda pola guerra de Ucraína, esencialmente as vencelladas aos custos enerxéticos.

Unha postura máis que razoable. A enerxía xa non é un problema. O gas e o petróleo sitúanse nunha escala moderada de prezos e se non percibimos esta situación con maior claridade é pola forza do dólar, a moeda con que aboamos a factura enerxética. Agora ben, o aforro resultante, estimado nun 0,6 % do PIB, terá que destinarase a reducir o déficit publico, e con isto sinala o talón de Aquiles da nosa economía.

Os avances significativos dos dous últimos anos no son froito do esforzo orzamentario, senón dun exceso de recadación consecuencia da inflación. Máis subidas salariais nominais, prezos máis altos, implica mais recadación polo imposto sobre a renda e polo imposto de valor engadido. O axuste do déficit pagámolo todos coa nosa perda de poder adquisitivo.

Todo parece indicar que o futuro pasa por una menor inflación, os prezos seguiran subindo pero a taxas máis axeitadas. Por iso, quen goberne o ano que vén terá que acometer, “sen axudas”, a súa loita polo axuste e por iso Bruxelas nos indica que a meta ten que ser o gasto corrente, é dicir, o día a día das administracións publicas, e márcanos uns limites de crecemento, o 2,6 % nominal, agás determinadas partidas sociais.

É dicir, a norma ten que ser, coma en calquera empresa ou familia que quere desendebedarse, que os gastos medren menos ca os ingresos. Nada que, en teoría, deba sorprendernos. Aínda que nas cousas da administración as veces o sorprendente é que faga cousas normais, de lóxica común.

Onde non se observan cambios é na aposta decida pola transición enerxética e dixital. Europa recórdanos que estas dúas políticas no son conxunturais, máis ben o contrario, unha aposta decidida por outro tipo de economía, unha formada polos paradigmas que estarán a gobernar os destinos enerxéticos das nacións na próxima década.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar