Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vixilancia policial para outra muller máis en Vigo

Vixilancia policial para outra muller máis en Vigo

O home que se deu á fuga foi detido nas últimas horas en Vigo por presuntas agresións físicas á súa parella.

O suposto maltratador quedou en liberdade con cargos tras prestar declaración nos xulgados e a muller vive dende entón con vixilancia policial as 24 horas do día.

G24.gal 05/02/2023 21:32 Última actualización 05/02/2023 21:39

A muller precisa vixilancia policial porque así o determinou a Unidade especial de Atención á Familia e á Muller da Policía Nacional por tratarse dunha situación de risco extremo.

É o segundo caso que se produce en menos dun mes na cidade de Vigo. O primeiro, foi o dunha moza de Zamáns, á que o seu exmozo tentou atropelar.

Neste último caso a muller denunciou a súa parella por supostas agresións físicas, entre elas unha tentativa de cortarlle os dedos das mans.

A súa vixilancia é de 72 horas. Despois, xulgado e policía, determinarán se é preciso seguir protexéndoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade