Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vivendas turísticas de Santiago cancelan reservas pola ameaza de sancións do Concello

Vivendas turísticas de Santiago cancelan reservas pola ameaza de sancións do Concello

Os establecementos sen licenza municipal, que manteñen un contencioso co Concello, aseguran que só se esixe en Santiago

G24.gal 24/08/2022 16:35

Os propietarios de vivendas de uso turístico en Compostela enfróntanse a multas de ata 15.000 euros se carecen de licenza municipal. Din que algúns xa se viron obrigados a pechar e a cancelar as reservas que tiñan para o verán.

O problema comezou despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificara que as vivendas de uso turístico son actividade económica e, polo tanto, suxeita a normativa municipal. Dende entón o Concello empezou a enviar requirimentos de peche e multas de entre 10 e 15.000 euros aos propietarios que non teñen licenza municipal.

Xa non poden operar sen ese permiso e tampouco poden obtelo, polo menos ata que se aprobe o novo PXOM. Sen alternativa, teñen que pechar, cancelar as reservas e realoxar os clientes que as tiñan. Quéixanse dos gastos e das perdas que lles supón xusto en pleno verán.

Ata agora traballaban cun título habilitante e inscritos no rexistro autonómico, pero o Tribunal Superior di que as vivendas de uso turístico son unha actividade económica e que precisan licenza municipal.

No Concello de Santiago calculan que hai arredor de 900 sen este permiso, así que os propietarios comezaron a recibir avisos de peche. 

Di os propietarios destes establecementos que o cambio de criterio só se aplica en Santiago, e dende o Concello afirman que non queren eliminar o sector, senón regulalo. 

No Concello prevén que a normativa para o sector estea lista a principios do ano que vén. Os propietarios xa anuncian que recorrerán á xustiza para defender os seus dereitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade