Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitorias galegas na xornada do balonmán feminino

Vitorias galegas na xornada do balonmán feminino

O Mecalia Guardés derrotou ao Morvedre na Sangriña (20-16) e segue de segundo

O Porriño veceu á Rioxa no Municipal (23-18)

Foto: AtleticoGuardes
G24.gal 21/12/2025 12:22

Xornada de vitorias para os nosos equipos de balonmán feminino. O Mecalia Atlético Guardés sumou unha nova vitoria fíxoo na Sangriña, onde derrotou ao Morvedre nun duro partido de baixa anotación. Tanto é así que as galegas so acadaron un gol nos primeiros 10 minutos. 

Despois refixéronse, igualaron no treito final e, dándolle a volta á dinámica, pecharon a súa portería nos últimos minutos, para marchar ao descanso 9-6. 

Na segunda metade houbo unha tímida reacción visitante, pero o Guardés volveuse facer co control para acadar unha renda que levou ata o final. Co 20-16, comandado polos 3 goles anotados por María Sancha e María Palomo, marcha de segundo a dous puntos do Bera Bera

Foto: @BmPorrino

Cinco puntos por detrás do Guardés, e no quinto posto provisional da táboa, sitúase o Porriño, que venceu na casa á Rioxa, na que é a súa quinta vitoria consecutiva.

As galegas volveron contar con Paulina Buforn como factor desequilibrante. Anotou seis goles, cos que o Porriño ñevou sempre a iniciativa nun partido igualado. Certo é que as rioxanas foron quen de manter o ritmo grazas a Novovic, que anotou oito dos dezaoito goles do seu equipo. Mesmo foron quen de empatar a 15 mediado o segundo tempo. Pero aí as locais estiveron moito máis atinadas, asinando un parcial final de 8-3 que decantou o partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade