O porteiro galego Rubén Blanco ficha polo Xirona
O meta de Mos asina como axente libre semanas despois de rescindir co Marsella
A chegada de Rubén acelerouse pola grave lesión de Marc André Ter Stegen
Rubén Blanco volve á liga española tras asinar co Xirona ata o 30 de xuño. O gardameta mosense, canteirán do Celta, estaba libre tras rescindir o seu contrato co Olympique de Marsella hai tres semanas, o que lle permite incorporarse fóra do peche da ventá invernal de fichaxes.
A chegada de Rubén acelerouse pola grave lesión de Marc André Ter Stegen, cedido polo Barcelona, que sufriu unha rotura na musculatura isquiotibial da perna esquerda e requiriu cirurxía, quedando fóra aproximadamente dous meses.
Isto deixaba o Xirona cun só porteiro, Paulo Gazzaniga, despois de que se rescindise a cesión de Dominik Livakovic para dar cabida a Ter Stegen.