Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álvaro Núñez: "Asinar un contrato longo é unha das cousas polas que decido vir"

Álvaro Núñez: "Asinar un contrato longo é unha das cousas polas que decido vir"

Núñez caracterízase pola súa intensidade defensiva, boa capacidade física e proxección ofensiva

Do seu xogo destaca a "intelixencia táctica"

G24.gal 10/02/2026 15:22 Última actualización 10/02/2026 16:41

Álvaro Núñez é un lateral dereito asturiano, novo e con percorrido, que chega ao R. C. Celta de Vigo para achegar enerxía e fiabilidade no carril dereito.

Formado no fútbol vasco, Núñez destaca pola súa intensidade defensiva, boa capacidade física e proxección ofensiva, con criterio para incorporarse ao ataque e pechar a súa banda. Procede do Elx. Do seu xogo destaca a "intelixencia táctica". Un dos motivos para chegar a Vigo foi a duración do seu contrato, ata o 2030.

"Asinar un contrato longo é unha das cousas polas que decido vir, á parte do sistema de xogo que me vén ben, o deportivo. É outra das cousas polas que tardei pouco en decidirme"

É un xogador disciplinado tacticamente, competitivo e con marxe de crecemento, afeito a loitar cada duelo e a render en sistemas que esixen laterais longos. Aínda non tivo minutos, pero xa gozou co ambiente de Balaídos.

"Desde fóra víase unha unión moi bonita, a comuñón é boa. Quedei alucinado coa afección cantando o himno".

Claudio Giráldez é un dos avalistas da súa incorporación.

"É un perfil difícil de topar, intelixente no táctico, novo e con marxe de mellora".

En Balaídos aterra como unha peza versátil, preparada para elevar o nivel do costado dereito e adaptarse ao ritmo de Primeira, con ambición e ganas de consolidarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade