Cargando resultados...
Vitoria do Porriño fronte ao Elxe (27-24)
Tamén gañou o Guardés na pista do Málaga (23-24) e segue invicto no segundo posto
G24.gal
25/10/2025 21:22
Na sétima xornada da liga Guerreiras, o Porriño logrou a quinta vitoria da temporada. Venceu ó Elxe 27-24. A primeira metade acabou con empate a catorce goles. No segundo tempo, o Porriño aumentou a presión defensiva e Carolina Bono fixo despegar as súas con tres goles consecutivos. Iso ligado a paradas decisivas de Isabela Ferrarin déronlle a vitoria o Conservas Orbe Zendal.
Pola súa parte, o Mecalia Atlético Guardés venceu en Málaga por 23-24 e segue invicto no segundo posto da táboa