Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán remonta dúas veces pero perde co Barça (100-85)

O Breogán remonta dúas veces pero perde co Barça (100-85)

Os lucenses aguantaron ata o inicio do úñtimo cuarto

Francis Alonso, con 17 puntos, foi o máxmo anotador do Breogán

G24.gal 25/10/2025 21:11 Última actualización 25/10/2025 22:53

O Río Breogán non puido co Barça e apañou unha derrota que non se definiu ata o últmo cuarto  Os lucenses conseguiron remontar dúas veces un marcador desfavorable. Logo dun primeiro cuarto chegou de acerto do Barça, o Breogán deulle a volta ao partido no segundo tirando do tino de Francis Alonso desde o perímetro. Foi o máximo anotador dos de Casimiro con 17 puntos.

Tras o descanso, o Breogán contivo outro intento de fuxida do Barcelona. Pero xa non puido do terceiro. No último e deinitivo cuarto, os de Peñarroya xa non deron opción. Will Clyburn, con 21 puntos, foi o máximo anotador do partido. O Breogán queda cunha vitoria en catro partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar