O Breogán impónse nunha gran segunda metade en Granada (64-83)
Os lugueses chegaron ao descanso por debaixo no marcador (36-34), pero engalaron na segunda metade
Chegou a oitava vitoria da temporada no partido 800 de Luis Casimiro na Liga ACB
Na liga ACB chegou a oitava vitoria da temporada para o Río Breogán. Derrotou o cabeiro, o Granada, logo dun excelente segundo tempo dos xogadores de Luis Casimiro.
O técnico puido festexar cun triunfo seu partido 800 en ACB. O Granada precisaba gañar con urxencia para engancharse á loita pola permanencia e durante a primeira parte deu a cara. Máis dous para os andaluces no descanso. O Breogán marcou diferenzas no terceiro cuarto, cunha defensa abafante que só lle permitiu anotar 10 puntos ao rival.
Malia un intento de reacción do Granada no último cuarto, o Breogán levou a vitoria con claridade. Brankovic, con 15 puntos, foi o máximo anotador dos galegos.