Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas cede no Gatañal diante do Guadalaxara (29-34)

O Cangas cede no Gatañal diante do Guadalaxara (29-34)

O partido chegou igualado ata os últimos minutos, e aí confirmou a súa primeira vitoria o cadro alcarreño

Foto: Raúl Fonseca
G24.gal 12/10/2025 10:59

Cuarta derrota do Frigoríficos do Morrazo na quinta xornada na Asobal. O Guadalaxara estreou o seu cadro de vitorias no Gatañal.

Non puido darlle continuidade á anterior vitoria como local o equipo de Quique Domínguez, que foi por diante no marcador ata o minuto 45. Un encontro igualado que se lles foi ós cangueses nos últimos quince minutos. Acabou perdendo o Cangas por cinco goles: 29-34.

Arnau Fernández e Ángel Rivero foron os máximos anotadores locais con seis tantos cada un. O cadro galego queda con dous puntos, no grupo de equipos que pechan a táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade