Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna remóntalle a un Racing que queda sen o liderado (2-1)

O Celta Fortuna remóntalle a un Racing que queda sen o liderado (2-1)

G24.gal 25/10/2025 21:15

Partido de alto nivel en Balaídos entre dous candidatos a coller nas próximas semanas ao Tenerife. 

Aos dez minutos, o xogador con máis gol dos celestes nesta campaña, Hugo González, probaba fortuna desde fóra da área e a súa rosca sae fora por pouco.

Dez minutos máis tarde, xogada por banda esquerda e gol anuldo ao Rácing de Ferrol por fóra de xogo. Remaata Alvaro Jiménez o centro de Jairo, pero o colxiado Fernando Román Román, logo de consultar co monitor, anula o gol dos visitantes.

Na segunda parte, minuto 48, insistía o equipo de Pablo López pola banda esquerda e chega o gol do Racing cun centro de Álvaro Ramón e un remate de Pascu quen asinaba o seu cuarto gol nesta temporada. Festexaba a afección ferolá o control e o gol do seu xogador máis inspirado.

E tan so uns minutos despois, logo do saque deste córner de Hugo González; gol do Celta. Remate de cabeza de Pablo Gavián que non pode deter Miquel Parera. Empate a un. 

A igualdade era a trama principal do encontro, que tivo tamén outras tramas ecundarias.

Minuto 65: cartón vermello para Gavián por dobre amarelo nesta acción con Pascu, xa que logo o autor do gol celeste tomaba o comiño dos vestiaroios.

No 70 entran Capde, Alvaro Martin e Anthony kayat e oito minutos despois, dous deles participarían activamente no gol do Fortuna. 

Centrro de Kayat e remate de Marín. O dous a un chegaba xogando en inferioridade e co Rácing na procura do segundo.

Ambolos equipos quedan con 17 puntos, seguindo o ronsel do Tenerife, o líder, que visita a vindeira fin de semana A Malata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar