O Ourense C. F. suma outra derrota lastrado por unha nova inferioridade (1-3)
Amin foi expulsado antes do descanso, a terceira vez que lle pasa ao cadro ourensán nesta temporada
Por terceiro partido nesta temporada o Ourense Club de Fútbol tivo que afrontar todo un segundo tempo xogando en inferioridade. Perdeu contra o Talavera e o Pontevedra no Couto e aconteceu o mesmo diante do Real Madrid Castela que aproveitou a situación para golear con comodidade na segunda parte.
Nada facía presaxiar este resultado ata o intervalo pero a expulsión de Amin cambiouno todo. O equipo de Arbeloa comezou a acosar a porta de Álvaro Ratón e no minuto 56 chegou o tanto marcado por César Palacios. Ata aí durou a resistencia do Ourense que recibiu outros dous tantos case seguidos marcados polo defensa Valdepeñas e polo dianteiro Zúñiga de penalti. No engadido chegou o tanto da honra anotado por Kensly que de nada serve para un equipo que está afundido no último posto.