Cargando resultados...
O Ourense CF empata co Cacereño nun partido con polémica (0-0)
G24.gal
25/10/2025 21:18
E o Ourense Club de Fútbol empatou sen goles na súa visita ao Cacereño, nun partido con poucas ocasións. O equipo galego pediu un penalti por empurrón a Iker Punzano mediado o segundo tempo. O conxunto ourensanista solicitou a revisión da xogada, pero o colexiado non cambiou a súa decisión malia que a infracción semella clara. Na recta final do encontro dominou o Ourense trala expulsión do local Guti, pero non aproveitou as súas oportunidades e segue de pechacancelas con cinco puntos.