Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria do Pontevedra en Ponferrada (0-1) con Marqueta outra vez protagonista

Vitoria do Pontevedra en Ponferrada (0-1) con Marqueta outra vez protagonista

O porteiro detívolle un penalti a Borja Valle para impedir o empate, cos granates xogando cun home menos

Alain marcara o gol que vale a primeira vitoria do Pontevedra na volta á Primeira RFEF

G24.gal 06/09/2025 21:13

O Pontevedra acadou a primeira vitoria da temporada. Fíxoo nun escenario moi complicado, o Toralín, diante dun dos grandes da categoría. E fíxoo, outra vez, cun Marqueta en plan protagonista. Desta volta detivo un penalti no treito decisivo, cando os de Rubén Domínguez xogaban cun home menos, e despois de que Alain adiantara aos galegos.

Saiu moito mellor a Ponferradina, que creou varias situacións de perigo nos primeiros minutos. Marqueta impediu primeiro o gol, e despois saiu mal, pero os bercianos non foron quen de aproveitalo. O Pontevedra sacudiu este dominio inicial e deu o primeiro avisa por medio de Juanra, que rematou de lonxe ás mans de Ángel. Tamén desde lonxe buscaba o gol o local Borja Vázquez, pero o seu disparo marchaba desviado. E, xusto despois, chegaba a mellor ocasión do Pontevedra nesta primeira metade. Unha gran combinación que finalizaba Alain cun disparo desde a frontal. Sacouno con apuros Ángel.

A segunda metade comezou con menos ritmo e máis interrupcións. O Pontevedra inquedou nalgún centro lateral e tamén a balón parado. E no minuto 63 acadaba o premio. Foi nunha xogada de Luisao pola dereita. O centro de Yelko á área cabeceábao á rede Alain para abrir a conta dos granates.

A Ponferradina estirouse á busca do empate e, nun balón dividido despois da saída dun córner, a revisión solicitada polo técnico daba os seus froitos. O árbitro asubiou penalti e expulsou a Montoro. Complicábase o encontro para o Pontevedra pero, ao igual que na primeira xornada, apareceu Marqueta. Detivo olanzamento de Borja Valle desde os 11 metros para manter a vantaxe. Tivo a sentencia Alain, pero errou na boca de gol de xeito inexplicable.

O partido entrou nun interminable engadido de 16 minutos, pero aí o Pontevedra tirou de ofico, pechou a súa área, e non lles concedeu opcións aos locais para sumar a primeira vitoria na súa volta á primeira RFEF

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade