Vitoria do Mecalia Guardés e derrota do Porriño logo da parada da Liga
O At. Guardés derrotou o Lanzarote (24-19) na Sangriña e mantense na segunda praza
Primeiros partidos do ano na Liga Guerreiras. Botou a andar a segunda volta coa vitoria do Mecalia Atlético Guardés fronte ó Lanzarote, 24-19.
O Mecalia foi sempre por diante no marcador e ao descanso chegou cunha diferenza de cinco goles, que xa non perdeu no segundo tempo.
As galegas teñen por diante un duro mes de xaneiro con tres competicións.
E o Porriño rachou a súa boa serie, volveu perder logo de catro vitorias seguidas. O líder, o Bera Bera, continúa invicto. Venceu 24-26 nun partido que resolveu ao final.
As galegas marcharon tres arriba ao descanso, 14-11, e a as visitantes puxéronse por primeira vez por diante a dez minutos para o final. Parcial de 2-4 para pechar un novo triunfo. Paulina Bufforn, con sete goles, foi a máxima anotadora do Porriño, que ocupa a sexta praza, con 18 puntos.