Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visitamos a exposición 'Ao aire libre', de Juan Adrio

Visitamos a exposición 'Ao aire libre', de Juan Adrio

A nova mostra de Juan Adrio recolle o concepto xaponés dos baños de bosque

Un proxecto artístico que rexistra fervenzas galegas, ao seu xeito e orbitando sobre a idea da fraxilidade dos espazos naturais

No escaparate da galería de arte Luisa Pita, onde pode visitarse esta mostra ata o 13 de novembro
 

G24.gal 08/10/2026 10:32

'Ao aire libre/shinrin yoku'. A nova mostra de Juan Adrio recolle o concepto xaponés dos baños de bosque.

Un proxecto artístico que rexistra fervenzas galegas, ao seu xeito e orbitando sobre a idea da fraxilidade dos espazos naturais. A tal punto que a palabra fráxil está escrita nesta peza, en linguaxe braille. Hai máis enigmas, como o proceso mesmo de creación.

Alquimias fotográficas con diferentes finalizacións. Así quedan as imaxes encapsuladas. Nos formatos grandes están numeradas e suxeitas ao fondo con imáns, para compoñer a imaxe completa. Outras están sustentadas por alfinetes.

 Na procura da coherencia, Juan Adrio recicla os residuos que xerou este proceso para crear outra obra. Máis variedade, pequenos broches, reinterpretando a paisaxe como unha xoia, que queda, en certa maneira, oculta.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade