Publicador de contidos

Publicador de contidos

Canto custa morrer?

Canto custa morrer?

Un enterro básico pode custar sobre 2.000 euros

Inclúe xestións da funeraria, féretro, coche fúnebre e os gastos de cemiterio ou crematorio

Os servizos funerarios inclúen conceptos obrigatorios pero tamén moitos opcionais
G24.gal 08/10/2026 10:41

Os servizos contratrados son os que marcan a diferenza á hora de enfrontarse a unha factura funeraria. O enterro máis básico non baixa dos 2.000 euros.

"O básico inclúe, por suposto, o que é un ataúde, as xestión e dilixencias que teña que facer a funeraria, o coche fúnebre e logo os gastos que poida ter de cemiterio ou de crematorio", explica José Manuel Rodríguez, responsable Funeraria Apóstol.

Son as familias quen deciden como queren ou poden despedir os seus. O velorio non é obrigatorio e pódese facer na casa. Afórranse uns 800 euros do tanatorio. A elección do ataúde tamén marca a diferenza.

"Un abano entre os 700 euros ata os 7.000".

Na era das redes sociais, moitos optan por non publicar necrolóxicas. Canto se aforra?

"Pois outros 500 euros aproximadamente".

Prescindir de flores tamén pode adelgazar a factura final.

"Pois dende un centro que pode valer 50 euros ata unha coroa que pode valer pois 200".

Sen recordatorios aforramos 60 euros máis. As cerimonias de despedida tamén son prescindibles.

"Iso pode ser arredor pois, non sei, de 250 euros ou unha cousa así".

O funeral relixioso custa sobre 120 euros. Outra dúbida, inhumar ou incinerar?

"Se contas cunha propiedade nun cemiterio, é máis barato inhumar".

E que ocorre se con todo aínda non é viable economicamente? 

 "A través dos servizos sociais vaise facer un enterro digno á persoa".

Hai quen decide doar o corpo á ciencia, o custo é cero para a familia, pero o falecido debe deixar un consentimento previo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos