Carlos Crespo recoméndanos dúas novidades musicais galegas
Capital Voskov presenta 'Baixo a chuvia'
Kid Mount lanza 'É por ti'
A canteira musical de Muros semella inesgotable. E ademais supervariada porque dende alí chégannos propostas de xéneros ben distintos.
A banda que traemos hoxe é unha boa mostra.Son Capital Voskov, que tras case dous anos de silencio (motivado por circunstancias persoais dos seus compoñentes) veñen de regresar coa que para min é a súa mellor canción. Titúlase 'Baixo a chuvia' e é o primeiro adianto do que será o seu segundo disco longo, que se publicará no 2027
Kid Mount é o autor dunhas das cancións galegas do verán, ese Esta vida pide outra, que soou e que se bailou en canta festa houbo. Era unha canción que formaba parte do seu disco 'Perreo Paradiso', publicado en marzo deste mesmo ano.
Pero xa sabes a que velocidade van as cousas neste novo modelo da industria musical. Antes xa era moito se publicaba un disco cada ano. Pois ben, seis meses despois de sacar 'Perreo Paradiso', Kid Mount acaba de publicar xa o primeiro adianto do que será o seu seguinte disco. Un disco que xa ten título, 'O neno do monte', que é o alcume co se coñece o artista de Xinzo. A nova canción titúlase 'É por ti' e vai na liña de 'Esta vida pide outra', deixando un pouco de lado o reguetón que predomina no seu anterior traballo.