Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinicius desequilibra para o Real Madrid en Elxe (1-2)

Vinicius desequilibra para o Real Madrid en Elxe (1-2)

Dous goles do brasileiro danlle a vitoria ao Real Madrid diente dun Elxe que recurtou no treito final cun tanto de Pere Milla

Vinicius fixo dobrete e leva 7 goles en liga
G24.gal 30/10/2021 17:42

Sen e presenza de Benzema e coas dúbidas da falta de gol amosada días antes fronte ao Osasuna, a visita a Martínez Valero tiña carácter de exame para os atacantes do Real Madrid. Proba superada, pois Mariano cumpriu e, sobre todo, Vinicius desequilibrou.


Estes dous xogadores aliáronse no 0-1. Tras perda do Elxe, o balón chegoulle ao dianteiro centro, que atopou con moita calidade a Vinicius. O gol deu tranquilidade aos de Ancelotti,  que incluso tiveron o segundo nunha acción na que Mariano fixo todo ben menos enviar o balón á rede. Pero esa tranquilidade foi mal entendida en ocasións, o que lle provocou algún susto maiúsculo. Pastore case empata. Contra o final o Madrid lamentaría outro erro semellante.

 

O Elxe queda con dez pola expulsión de Raúl Guti


Na segunda parte e, cando máis buscaba o Elxe o empate, chegou unha das accións do partido. Segundo cartón amarelo a Raúl Guti, que excedeu o seu ímpetu nesta acción intrascendente. Media hora tivo que xogar o Elxe en inferioidade, que ademais viu como o Madrid ampliaba diferenzas no minuto 73.


Aparición estelar de novo de Vinicius, recibindo de Modric, para superar con calidade a Casilla. A ledicia do brasileiro, que xa leva 7 goles en liga. Amosa ademais unha confianza absoluta na finalización, aspecto no que antes frouxeaba. 


Pero a este Real Madrid sobroulle suficiencia e cunha pésima circulación de balón en zona defensiva deulle vida ao Elxe. Erro de Casemiro, recuperación de Benedetto e gol de Pere Milla a catro minutos do final. O Elxe, que aínda non perdera na casa, albiscou o empate pero o máis que fixo foi facerlle suar sangue a ao seu adversario nun final máis incerto do agardado.

O atacante brasileiro amosou a súa ledicia en Twitter tras o partido O atacante brasileiro amosou a súa ledicia en Twitter tras o partido
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar