Publicador de contidos

Publicador de contidos

Villares: "É normal que a afección se cabree cando xogo de lateral, non é a miña posición"

Villares: "É normal que a afección se cabree cando xogo de lateral, non é a miña posición"

O mediocentro do Deportivo entende o enfado da bancada con Óscar Cano no partido contra o Alcorcón

Foto @RCDeportivo
G24.gal 11/05/2023 11:14 Última actualización 11/05/2023 13:45

Diego Villares recoñeceu que comprende o enfado da bancada con Óscar Cano no partido contra o Alcorcón, cando decidiu situalo como lateral dereito tras a lesión de Antoñito: 

"É normal que a xente se cabree, porque non é a miña posición. A xente ten ganas de ver a Trilli, e pódoo entender", afirmou antes do adestramento deste xoves do Deportivo no estadio de Riazor.

Contra o Linares todo apunta a que Diego Villares actuará como lateral dereito titular, tendo en conta que Antoñito non se adestrou xunto aos seus compañeiros no que vai de semana:

"Cando falta Antoñito tócame facer de lateral, como tamén lles podería tocar a Trilli ou a Pepe. O que está claro é que ao que nos toque xogar trataremos de facelo o mellor posible para axudar o equipo", manifestou o centrocampista, que espera un partido moi competido.

Villares tamén falou de como se toman as lesións de Lucas Pérez e de Quiles:

"Ao final telo que levar con humor. Eles están ben, que é o máis importante. Xa se ve o guapos que están coas máscaras. Que se recuperen canto antes e o mellor que poidan para axudarnos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade