Cargando resultados...
Villares, contundente: "A ver se deixan de tolear a Yeremay"
O capitán do Deportivo quere que remate dunha vez o mercado de verán e que a súa estrela deixe de escoitar cantos de serea
G24.gal
24/08/2025 21:42
O capitán do Deportivo referiuse á situación do canario Yeremay e todas as ofertas que está recibindo nas últimas semanas. Desde Portugal non paran de filtrar informacións sobre o interese do Spórting de Portugal por levar a estrela do Deportivo. Máis de trinta millóns de euros que, de momento, non están recibindo resposta positiva por parte do cadro coruñés. Villares quere "que deixen de tolear a Yeremay e que remate dunha vez o mercado de verán".