Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilanova dos Infantes volve á súa historia coa Raigame e novas visitas guiadas

Vilanova dos Infantes volve á súa historia coa Raigame e novas visitas guiadas

As rúas do casco histórico énchense de artesanía e oficios tradicionais vivos nesta nova edición da Raigame

G24.gal 17/05/2026 16:54

O silencio habitual de Vilanova dos Infantes rómpese cada 17 de maio, cando a vila se transforma nun museo vivo ao aire libre.

Nesta edición, a romaría pon o foco nos 150 anos de “O Tío Marcos d’a Portela”, o primeiro xornal integramente escrito en galego.

“Dedicámoslle unha pequena exposición a Lamas Carvajal, ao Tío Marcos e aos primeiros xornais que se editaron en galego no século XIX”, sinala Xavier Álvarez, da organización da Raigame.

Outra das novidades deste ano son as visitas guiadas para afondar na historia etnográfica da romaría e na tradición canteira da aldea.

Romasanta, o home lobo galego, tampouco quixo perderse a cita… e onde haxa boas palabras dunha nai, pouca fame pasa o demo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade