Vilagarcía, despois das sete grandes cidades, é onde máis positivos por covid hai
A incidencia acumulada a catorce días é de 2.726 casos positivos por cada cen mil habitantes
No centro de saúde de Vilagarcía de Arousa hai moita xente estes días esperando para xestionar consultas. Moitas das citas médicas teñen relación coa covid. Hai máis de mil positivos en Vilagarcía. Unha cifra nunca antes vista.
Así, é doado atopar, buscando ao chou, xente que ten enfermos por coronavirus moi preto. A incidencia acumulada a catorce días en Vilagarcía supera os dous mil setecentos casos de covid por cada cen mil habitantes. Nas farmacias seguen notando o aumento de demanda de tests de autodiagnóstico.
Hai en Vilagarcía de Arousa mil vinte e catro positivos por covid, é, despois das sete grandes cidades galegas, onde máis contaxios se están rexistrando. Máis de mil casos son máis de tres veces máis dos positivos que había nesta localidade no verán.