Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilagarcía cancela o concerto de Mägo de Oz por frivolizar coa prostitución e as drogas

Vilagarcía cancela o concerto de Mägo de Oz por frivolizar coa prostitución e as drogas

O Concello decidiu eliminar o grupo das festas ante as polémicas declaracións do guitarrista en que frivoliza sobre a prostitución e o consumo de drogas

No seu lugar, o 19 de agosto actuará a banda Los Toreros Muertos, banda liderada por Pablo Carbonell

Foto de arquivo Foto de arquivo
G24.gal 23/07/2025 17:21

O Concello de Vilagarcía de Arousa decidiu finalmente cancelar o concerto de Mägo de Oz previsto para o 19 de agosto porque a banda non rectificou as súas "frivolizacións" sobre as drogas e a prostitución manifestadas por un dos seus integrantes en días pasados.

Nun comunicado, o Goberno local informou de que o proceso de contratación da banda, que non estaba pechado, concluíu sen un acordo. No seu lugar, actuará Los Toreros Muertos, banda liderada polo artista Pablo Carbonell.

O Concello dá así por resolta unha polémica aberta días atrás despois de que o guitarrista de Mägo de Oz, Víctor de Andrés, durante unha actuación insultase o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e fixese alusión á trama de Koldo García, José Luis Ábalos e Santos Cerdán da seguinte forma: "Deixade de roubarnos sobre todo a cocaína e as putas".

O Goberno local esixiu unha rectificación ao grupo para poder continuar coa contratación. Ao non producirse, finalmente prescindirá desta banda para o programa das Festas de San Roque.

O Concello insistiu, ante as "diversas interpretacións" que se fixeron, que esta decisión non se debe "en ningún momento" ás opinións políticas de De Andrés, as cales "se respectan aínda que non se compartan"; senón ao rexeitamento do Goberno local á "frivolización" que se fixo sobre a prostitución e as drogas.

"Pechado este incidente, do que o Concello non foi responsable, o importante é que a celebración das festas segue adiante", añadiu nun comunicado.

No programa figuran tamén artistas locais e de fóra de Galicia, como Mondra, Ainhoa Arteta e David Bustamante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade