Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo foi a cidade de España en que máis choveu a semana pasada

Vigo foi a cidade de España en que máis choveu a semana pasada

Recolleron 44,6 litros por metro cadrado, mentres que a seca no resto do país é alarmante

G24.gal 10/05/2023 14:00 Última actualización 10/05/2023 14:14

Vigo foi a cidade española onde máis choveu a semana pasada. Foron 44,6 litros por metro cadrado, cantidade que fai que a conca de Galicia-Costa estea a máis do 80% da súa capacidade, a cifra máis alta de toda España. Son datos do Boletín Hidrolóxico do Ministerio para a Transición Ecolóxica. É tal a falta de chuvia no resto de España que aos mesmos vigueses lles custa asumilo.

"Non o creo, porque o que choveu... Choveu algo de noite, pero polas mañás e polo día estábase perfectamente", comentan na rúa.

"Choveu, pero moi pouquiño, practicamente nada. Houbo unha noite, sobre as catro da mañá, que houbo unha forte riada, pero foi todo; despois, polo día, xa non houbo máis auga", cóntanos outro veciño.

Iso dá idea do pouco que está a chover en toda España. Vigo recibiu a semana pasada 44,6 litros por metro cadrado, seguida de preto por Pontevedra e moi por enriba doutras localidades do norte como San Sebastián, en que só recolleron pouco máis dun litro e medio.

Na rúa, o culpable do que está pasando está claro:

"O cambio climático, diso xa non teño dúbidas. Eu quero que chova cando ten que facelo. A auga para min é ouro", di unha viguesa.

"Si que se nota o cambio climático, como di o dito: 'En abril, augas mil', pero en Vigo non se está a notar, pouco é para a falta que fai', sinala outro transeúnte.

Malia os bos datos de Vigo, o ceo segue despexado e a chuvia, polo momento, vai facerse de rogar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar