Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo estrea intermodalidade coa posta en marcha da nova estación de buses

Vigo estrea intermodalidade coa posta en marcha da nova estación de buses

A centralidade da nova infraestrutura prevé aforrar tempos nas viaxes dos usuarios

G24.gal 16/12/2022 16:32

Conta atrás para que entre en funcionamento a nova estación de autobuses de Vigo. Está xunto á do tren, así que con ela complétase a estación intermodal na cidade.

Este sábado ás seis da mañá está previsto que abran as portas da nova estación de autobuses de Vigo, e que ás sete e media saia o primeiro autobús dende alí. A posta en marcha desta infraestrutura conecta por fin o servizo de bus co do tren, facilitando a intermodalidade das viaxes para os pasaxeiros, e o acceso ao centro da cidade.

Calculan dende a Xunta que, co traslado a estación de autobuses, aumentará nun 15 por cento o volume de usuarios, que chegarán aos dous millóns anuais.

Cun investimento de 18,9 millóns de euros, e seis meses despois do remate das obras, a nova estación de autobuses de Vigo está lista para entrar en funcionamento. Trasládase ao centro, e comparte espazo coa terminal de tren, futuro núcleo de operacións do AVE. 

Son 12.000 metros cadrados repartidos entre a área de servizo e as 30 dársenas, que darán servizo a unas 500 expedicións diarias. Segundo a delegada territorial da Xunta, o traslado permitirá aforrar tempo nas viaxes.

"Reducirase ata en 15 minutos respecto da estación actual", afirma Marta Fernández-Tapias. 

O traslado da estación obriga a reordenar a rede do transporte público, e crearanse catro novas paradas no centro, aproveitando as do bus urbano. Dende a Xunta estiman que os novos itinerarios non terán impacto significativo no tráfico. 

"Pola Gran Vía pasan 40.000 coches ao día -di Fernández-Tapias- así que 170 buses non van supoñer un impacto significativo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade