Vigo, entre as cidades españolas máis caras para o enterro
A inhumación supera na cidade olívica os 6.000 euros e os 5.700 a incineración
O estudo da OCU analizou o prezo en 29 cidades españolas
De media un enterro en España supera os 3.700 euros. E unha incineración custa uns 120 euros menos. Son datos dun estudo elaborado pola OCU. Neste prezo inclúese desde o ataúde ata as flores, as necrolóxicas, o coche fúnebre ou o alugueiro do tanatorio.
Das 29 cidades españolas incluídas no estudo, a máis cara é Vigo, situándose ao nivel de Madrid ou Pamplona. En Vigo a inhumación supera os 6.000 euros e os 5.700 a incineración.
Na cidade da Coruña o prezo medio dun enterro roza os 3.900 euros. Son 200 euros máis ca a media española, segundo un estudo da OCU.
O féretro segue a ser un dos custos máis caros. Un modelo común, sen grandes luxos, estaría entre os 600 e os 1.300 euros.
Pero o certo é que as funerarias tamen se adaptan aos tempos e cada vez gañan máis peso na factura novos servizos.
Na funeraria de Manuel, situada na área metropolitana da Coruña, tampouco deixan de medrar os servizos da capela. As incineracións van en aumento, pero menos. A preferencia seguen a ser as inhumacións.