Publicador de contidos

Publicador de contidos

As empresas apostan pola marca como motor de crecemento e de competitividade

As empresas apostan pola marca como motor de crecemento e de competitividade

A Cámara de Comercio acolle un encontro sobre historias de éxito das marcas galegas

G24.gal 09/10/2025 14:45

Nacía no último cuarto do século XX, e hoxe é unha das principais empresas de referencia no mundo do café.

 "Apoiámonos moito na nosa marca e esixímoslle que sexa impecable, que sexa de máxima calidade. Igual que nos poden identificar polo bo tamén nos pode identificar polo malo", explica Ramón Alonso, CEO de Cafés Candelas.

Con máis de 100 anos de historia, a marca é tamén unha das claves do éxito doutra empresa de referencia en Galicia.

"A marca non é só un logotipo. A marca engloba o coidado que poñemos no produto, a nosa orixe. Cando ves un logo que pon Estrella Galicia implica moito máis que a marca", di Ramón de Meer, director de márketing de Hijos de Rivera. 

Grandes marcas que serven de presentación internacional para empresas que teñen unha fonda raíz familiar.

"O fundamental destas empresas é o traballo arduo que hai detrás das familias e dos equipos que conformaron. E tamén do legado que queren deixar. Son empresas que traballan de cara ao futuro, a longo prazo", explica Margarita Hermo, directora da Asociación Galega da Empresa Familiar.

Os datos económicos acompañan o tecido empresarial da nosa comunidade.

"En Galicia atopamos indicadores económicos e de desenvolvemento de empresas superior á media nacional e á media europea e global", asegura Javier García, director do estudo Brandpulse.

Nun momento de incerteza internacional, a confianza é a clave para o impulso das empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade