Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo é a cidade onde máis auga de chuvia se recolle de toda España

Vigo é a cidade onde máis auga de chuvia se recolle de toda España

San Sebastián é a urbe con máis días de precipitación ao ano, uns 187 de media

A serra de Grazalema, en Andalucía, é a comarca na que más chove

En Vigo caen 1.800 litros de auga por metro cadrado de media anual
G24.gal 22/11/2022 14:46

A serra de Grazalema, entre as provincias de Cádiz e Málaga, é a zona de España que máis auga de chuvia recolle, pero se falamos de cidades, Vigo ocupa o número un. E a cidade onde máis litros por metro cadrado se recollen de todo o Estado, uns 1.800 de media anual.

E iso aínda que algúns vigueses non o crean. Con todo, mirando o hoxe, hai quen recoñece que si, que en Vigo chove.

Quer sexa a urbe que máis auga recolle non quere dicir que sexa na que máis días chove. Aí lévalle vantaxe Santiago e, sobre todo, San Sebastián, onde chove 187 días de media ao ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade