Publicador de contidos

Publicador de contidos

O concello de Vigo despide o Nadal co apagado das súas afamadas luces

O concello de Vigo despide o Nadal co apagado das súas afamadas luces

Segundo o alcalde, máis de cinco millóns de persoas pasaron pola cidade nestas festas

G24.gal 16/01/2022 22:29

Vigo apagou este domingo as luces do Nadal coa expectativa de traballar "a partir de mañá" nunha iluminación "aínda mellor" para as vindeiras festas. Foi o compromiso do alcalde da cidade, Abel Caballero, no acto de clausura que, malia a choiva, contou coa asistencia de centenares de persoas. Segundo dixo, o vindeiro mes de novembro "ímolo petar".

O rexedor salientou a importancia para a cidade e para a súa economía do Nadal, que se prolongou durante case 60 días e que encheu Vigo de visitantes de todo o mundo. Neste sentido, fixo balance e asegurou que máis de cinco millóns de persoas pasaron pola grande árbore e pola Noria desde o 20 de novembro até o 9 de xaneiro.  

Ao final do acto, que comezou ás 19:00 horas e durou pouco máis de 15 minutos, Caballero volveu acender a música da árbore por última vez, mentres as luces cambiaban ao ritmo da melodía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade