Publicador de contidos

Vigo convértese na capital da industria atuneira

Vigo convértese na capital da industria atuneira

No seminario analízanse as problemáticas e retos do sector a nivel internacional

A competencia con terceiros países é unha das maiores preocupacións xunto cos custos de materias primas como o aceite de oliva 

G24.gal 14/09/2023 15:34

A competencia de terceiros países nas exportacións un dos principais problemas aos que se enfronta a industria atuneira. Así se puxo de manifesto nesta primeira xornada da Conferencia do atún. O sector alerta de que non xogan coas mesmas regras.   

Outra das grandes preocupacións son os custos enerxéticos, e das materias primas especialmente do aceite de oliva, que está a provocar unha redución do consumo.

No seminario tamén se analizou a situación dos estoques, e destacouse a súa evolución positiva. A ciberseguridade no sector atuneiro ou as conservas intelixentes coa últimas novidades tecnolóxicas serán outros temas do congreso, que converte Vigo no epicentro do sector a nivel mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos