Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo, a cuarta cidade española en número de motos por habitante

Vigo, a cuarta cidade española en número de motos por habitante

As motos conviven cada vez máis cos vehículos na rede viaria de Vigo

G24.gal 05/11/2021 14:04

As motos conviven cada vez máis cos vehículos na rede viaria de Vigo. O avance das zonas peonís, os atascos e as obras fan que cada vez máis vigueses opten polas dúas rodas. Xa hai trinta mil nunha cidade a piques de acadar os trescentos mil habitantes.

Segundo os seus usuarios, a moto permite unha mobilidade impresionante comparada cun vehículo de catro rodas.

Malia a choiva, Vigo é a cuarta cidade española no uso de motocicleta, un de cada dez vigueses ten unha. Neste liderato só é adiantada por tres cidades mediterráneas: Barcelona, Palma e Málaga. 

A previsión é que a flota siga medrando polos novos centros comerciais e os colapsos de Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade