Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vida ou morte en Turquía: o Breogán xoga o futuro europeo

Vida ou morte en Turquía: o Breogán xoga o futuro europeo

O terceiro e definitivo partido diante do Karsiyaka xógase o mércores ás 18:30 e verémolo na G2 e en eventos.crtvg.gal

G24.gal 15/01/2024 21:38

A aventura europea do Breogán terá outro fito este mércores. Visita a pista do Karsiyaka coa necesidade imperiosa de acadar a vitoria para continuar na Básketball Champions League. Unha derrota en Turquía significaría a eliminación.

O primeiro partido da eliminatoria acabou con vitoria do Karsiyaka por 89-85 co Breogán pelexando ata o último intre por facerse coa vitoria. O gran partido de McCollum decidiu para o equipo rival. A eliminatoria viaxou a Lugo onde o Breogán se fixo forte como local e conseguiu impoñerse cun 80-73 nun dos mellores partidos de toda a temporada. 

Agora tocará repetir a boa actuación destes dous encontros pero logrando a primeira vitoria de toda a competición como visitante. Na fase de grupos tampouco logrou gañar ningún partido lonxe do Pazo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade