Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vicente Irisarri, exalcalde de Ferrol: “Agora os meus horarios márcanos as mareas”

Vicente Irisarri, exalcalde de Ferrol: “Agora os meus horarios márcanos as mareas”

Este venres presentan no Museo do Surf de Valdoviño o Manifesto para a Protección das Ondas

G24.gal 30/03/2022 16:08

No Zona mixta da Radio Galega foron ata Ferrol. Este venres presentan no Museo do Surf de Valdoviño o Manifesto para a Protección das Ondas, sobre a necesidade de conservar as rompentes de surf como patrimonio natural. Falaron co ex alcalde Vicente Irisarri, surfista consumado e amante do mar.

Galicia e o surf gañan á política

"Galicia é unha marabilla á hora de elixir onde practicar este deporte: hoxe tocou Esmelle. O peor baño é o que non das".

"Os meus horarios xa non o marca a política senón as mareas e os ventos. Cheguei a unha idade con boa saúde e sen obrigas. Organizo os días como me parece segundo como está o tempo para practicar o surf".

O verme do surf

"Ata mediados dos 70 non se conseguían táboas para practicar o surf. Entón entrounos o veleno do surf e pica moi forte. Cando era alcalde atopábame cun veciño pola rúa e dicíanme: 'Aquel farol non alumea' e eu dicíalles, pensando xa no surf, 'déixenme en paz, déixenme gozar'!!!"

Respecto á natureza

"Galicia xa non necesita promoción ou marketing nisto do surf, o que fai falta agora é conservar a natureza, o bo estado dos océanos, non estragar as rompentes con espigóns ou obras civís, factorías con veleno. Diso falaremos o venres".

"Respectar a natureza desde cada un é moi doado: non deixar lixo nas praias, cando chegamos a un sitio coidar da contorna tanto como as autoridades. O peor para o surf sería estragar a contorna natural. 

"Necesitamos infraestruturas. O surf non atura ben as masificacións. Non pode haber 200 persoas nun alto, se tes que cambiar de praia, cambias".

Vicente Irisarri coa súa filla nunha foto familiar de arquivo Vicente Irisarri coa súa filla nunha foto familiar de arquivo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade