Cargando resultados...
Cangas conmemora o Vía Crucis infantil
A cativada representa escenas do xuízo, calvario e crucifixión de Cristo
A Semana Santa de Cangas ten a declaración de Interese Turístico de Galicia
G24.gal
29/03/2026 19:46
Nenos e mozos de Cangas participaron na tarde deste domingo de Ramos nun Viacrucis polas rúas da localidade. É unha conmemoración que se iniciou hai dez anos.
Saíron desde a Excolexiata, unha das xoias artísticas do municipio do Morrazo, nun percorrido que os achegou ata o cruceiro de Síngulis, para representar escenas do xuízo a Cristo, o calvario e a crucifixión.