Publicador de contidos

Publicador de contidos

Verstappen, campión do mundo de Fórmula 1 tras superar a Hamilton na última volta

Verstappen, campión do mundo de Fórmula 1 tras superar a Hamilton na última volta

Un final de carreira incrible decídese a unha volta tras un accidente na pista

É o primeiro titulo da categoría para Max Verstappen

Carlos Sáinz sube ao podio como terceiro e remata quinto no Mundial

Verstappen festexa a vitoria no podio. EFE Verstappen festexa a vitoria no podio. EFE
G24.gal 12/12/2021 15:23

Unha carreira de tolos en Abu Dhabi e que non se decidiu ata unha última volta de máxima tensión. Max Verstappen venceu no Gran Premio de Abu Dhabi e arrebátalle no último suspiro o mundial ao británico Lewis Hamilton que case celebraba o seu oitavo título como piloto.

Quédalle así pendente superar a Schumacher que ten sete títulos da categoría.

Un accidente en pista a falta de tres voltas obrigou a saír ao coche de seguridade e despois da neutralización os comisarios decidiron que a carreira se decidira a unha última volta.

Toda a tensión na pista e Max Verstappen fai historia con pneumáticos menos castigados que os de Hamiltom, adiantouno e entrou vencedor en Abu Dhabi e novo campión mundial. O seu primeiro título.

Os dous pilotos chegaban a este circuíto árabe empatados a puntos e a entrada do coche de seguridade foi decisiva.

 E non podemos deixar de lado que Carlos Sáinz nesta carreira logrou podio coa súa terceira posición. Asina en Yas Marina o seu sexto caixón na categoría raíña do automobilismo, o cuarto do ano e con Ferrari e á vez o 106 de España na F1, a división de honra do motor.

 Con 27 anos completa Sáinz a súa mellor tempada desde que pilota en F1 e remata quinto no Mundial, no seu primeiro ano en Ferrari.

EFE EFE
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos