Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lando Norris proclámase campión do mundo de Fórmula 1 en Abu Dabi

Lando Norris proclámase campión do mundo de Fórmula 1 en Abu Dabi

O británico defendeu a súa renda con Verstappen, gañador do Gran Premio, e acaba coa súa serie de 4 mundiais

Logo da recuperación do neerlandés nos últimos meses, a diferenza foi de so dous puntos

Foto: EFE
G24.gal 07/12/2025 16:32

Lando Norris é xa o novo campión mundial da Fórmula 1. Que o campión do mundo ía ser un piloto de McCLaren parecía un feito ata finais do verán, con Piastri tamén na loita. Cos dous pilotos enleados en varias batallas, o tetracampión comezou unha remonta que o levou, de estar 104 puntos abaixo, a cpomezar a carreira de Abu Dabi a so 12 do liderado.

A McClaren, especialmente a Lando Norris, seguíanlle saíndo as contas malia á pole de Verstappen. Abondáballe con ser o terceiro. E a historia deste GP escribiuse así. O dos Países Baixos dominou a carreira, pero a comodidade dos dous monoplazas de Woking permitiulles manter as distancias, con Piastri de segundo e Norris mantendo a raia a Leclerc para pechar o podio e, con el, o seu primeiro título mundial da Fórmula 1.

A clasificación final do mundial queda comandada polo británico con 423 puntos, dous máis ca Verstappen, que cede a coroa que ostenta desde 2021. No terceiro posto rematou o gran derrotado, Oscar Piastri, líder durante a primeira parte da temporada. Carlos Sainz pecha a temporada no 9º postyo, con 64 puntos, 8 máis ca Fernando Alonso, 10º.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade