Publicador de contidos

Publicador de contidos

Verdillo ou Berdillo?, a RAG determina cal predomina nos escritos históricos

Verdillo ou Berdillo?, a RAG determina cal predomina nos escritos históricos

Os veciños da parroquia escriben sempre Verdillo, pese a que o nome oficial é Berdillo

Pediron o informe da Real Academia Galega para poder avalar o cambio no Nomenclator

A versión con 'v' é a que máis figura nos documentos escrutados desde 1410

G24.gal 25/05/2022 14:33

No seu carné de identidade figura con "b", pero fóra diso e dalgunhas cartas de correo, para os veciños de Berdillo o nome do seu lugar sempre figura con "v". Para acabar con esta duplicidade, o Consello Parroquial decidiu pedir, a través do Concello de Carballo, un informe ao Comité de toponimia da Real Academia Galega. 

"Moita xente non se sentía representada polo topónimo con 'b' e polo menos queriamos saber se había unha base documentada. O informe atestigua desde a Idade Media ata a actualidade como se foi escribindo e a conclusión é que o uso maioritario foi con 'v'. 

En vista diso agora agardan a que, seguindo as indicacións do informe da Real Academia Galega, a Xunta de Galicia cambie finalmente a denominación de "Berdillo" no Nomenclator oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos