Publicador de contidos

Publicador de contidos

Verín vive o día grande do seu Entroido co desfile de carrozas e cigarróns

Verín vive o día grande do seu Entroido co desfile de carrozas e cigarróns

Comparsas e charangas completaron un animado pasarrúas

Os cigarróns no desfile deste domingo en Verín
G24.gal 19/02/2023 15:32 Última actualización 19/02/2023 21:38

A carreira dos cigarróns marcou o comezo do desfile deste Domingo de Entroido en Verín. Son toda unha autoridade na localidade e con eles na rúa a festa está asegurada.

Coas chocas colgadas da cintura, as tradicionais máscaras de madeira e unha vestimenta que pode pesar uns vinte e cinco quilos, manter o ritmo non é para calquera e require de boa forma física.

Comparsas e charangas completaron un animado pasarrúas en que estiveron representados os protagonistas da actualidade política e social. O rei emérito, Shakira, Piqué ou Tamara Falcó non faltaron a esta festa, declarada de Interese Turístico Nacional.  

Orixe do cigarrón

O cigarrón é a figura principal do Entroido de Verín, e ten unha orixe histórica. Tratábase dunha persoa que corría polas rúas pedindo diñeiro e que chegou a protagonizar coplas como “Cigarrón, lapón, mete o diñeiro no bolsón”.

Estes personaxes chegaban a acurralar os viandantes e obrigarlles a que os convidasen a viño. Aínda que posteriormente empezou a substituírse esta invitación por cartos.

A cor, a alegría e a diversión estiveron servidas nesta xornada entroideira, con todo e non ser é o final dunha festa que aínda deixará moitas actividades deica o martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar