Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veljko Mrsic seguirá a vindeira temporada no Breogán

Veljko Mrsic seguirá a vindeira temporada no Breogán

O club e o adestrador amosaran en todo momento a disposición de prolongar o contrato

O obxectivo da permanencia está moi preto de conseguirse

G24.gal 09/03/2023 09:19 Última actualización 09/03/2023 16:30

Veljko Mrsic chegou a Lugo nun momento crítico. En xaneiro de 2022 aceptou o reto de substituír a Paco Olmos, que marchara cara a Burgos deixando o club de malas maneiras. 

Na media temporada na que estivo cumpriu con creces os obxectivos e asinou a renovación para esta campaña. Neste 22-23, o Breogán vai camiño de certificar unha temporada máis a permanencia e estivo a piques de meterse na Copa do Rei por segundo ano consecutivo. 

As dúas partes xa amosaran a boa disposición para prolongar o contrato e acaba de facerse oficial neste 9 de febreiro. Mrsic renova por unha campaña e liderará o proxecto do Breogán.

"Para traballar ben tes que estar a gusto, eu estou aquí a gusto"

"Cremos neste plantel"

Esta temporada xa tivo que asumir o rol de líder e deseñar un equipo que se renovou ao 80 %, con baixas tan importantes como as de Musa ou Mahalbasic.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade