Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os técnicos do Breogán Veljko Mrsic e Javi Muñoz, positivo nun test de antíxenos

Os técnicos do Breogán Veljko Mrsic e Javi Muñoz, positivo nun test de antíxenos

Oriol Comas pasa a ser primeiro adestrador e Quique Fraga o segundo

Foto @CBBreogan
G24.gal 20/01/2022 22:10

O croata Veljko Mrsic, novo adestrador do Río Breogán, deu positivo nun test de antíxenos no aeroporto e este venres farase unha PCR para confirmar se pode poñerse a traballar xa co grupo ou ten que facer a correspondente corentena. Javier Muñoz tamén deu positivo polo que Oriol Comas pasa a ser primeiro adestrador e Quique Fraga o segundo. Tito Díaz manda unha mensaxe positiva.

"A nosa estrutura é forte. Os xogadores teñen moito ánimo para confirmar un fito histórico. Non nos tomba nada"

En principio Oriol Comas será o primeiro adestrador no Sar ante o Obradoiro.

Oriol Comas na previa ao Monbús Obradoiro - Río Breogán https://t.co/RmAf7lu3Wm pic.twitter.com/JpqfRjoe61

"Estes días as facianas están mudando un pouco máis do normal pero o vestiario está preparado, está focus. O partido é importante porque é un derbi e pola permanencia"

O Río Breogán fixo onte oficial a fichaxe do xa exseleccionador croata Veljko Mrsic, que volve á Liga ACB en que dirixiu a Bilbao Básket (17-18) e xogou en Unicaja e Xirona. É un adestrador de grande experiencia que estaba a dirixir a Croacia; tivo que afastarse do cargo para asinar no Breogán. 

 

Dáse a casualidade de que Mrsic foi o que fixo debutar a Dzanan Musa, hoxe estrela do Breo, cando só tiña 16 anos no Cedevita. 

Estamos falando dun técnico con experiencia desde 2006 (KK Split), que dirixiu o mencionado Cedevita, co que gañou a Liga de Croacia en 2016 e 2017, a Cibona e con pasado na Lega Italiana (Varese) ademais da española. A súa última experiencia en clubs foi no Zadar, co que fixo o dobrete en 2021. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade