Vehículos sen matricular por un erro na web da DXT
Restablecida a web da DXT
Houbo problemas de matriculación durante 4 días por un erro informático
Foron 4 días de incerteza e impotencia nos concesionarios, que non sabían cando poderían matricular os coches novos pola caída dende o día 14 da páxina da DXT. O erro informático foi puntual e solucionouse onte, pero moitos vehículos aínda están pendentes de matriculación.
"Son coches que os clientes están pendientes de recibir dende hai 6 meses, cando se lle di que o vehículo o ten aquí, cando vén velo, teno diante del e está desexando levalo e témoslle que transmitir que non pode levar o coche que ten que agardar, e a pregunta é, e canto teño que agardar? Pois tampouco a sabemos contestar, conta José Julián Castillo, responsable de Administración e Vendas nun concesionario
Ante os longos tempos de espera para recibir un coche novo, moitos clientes optan por un de segunda man
"Antigamente tiñan un stock os concesionarios para podelos entregar nun ou dous meses e agora están tardando de 6 meses a un ano dun vehículo, entón a xente necesita un vehículo para funcionar", apunta Javier García, xerente dun concesionario de coches
O aumento da demanda vai parello a un aumento tamén dos prezos.
"Hai sobre 4 anos mercaba eu os Smarts, os coches ese pequeniños por 1.000, 1.500 euros, podíanse vender en 2.000, 2.500 e agora mesmo están case en 3.000 euros", continúa Javier
Neste primeiro semestre en España vendéronse o dobre de coches usados que novos. En Galicia, a situación incluso é peor, a venda de segunda man quintuplica a dos acabados de saír de fábrica.