Cargando resultados...
Veciños e Concello de Coirós reclámanlle a Movistar que amañe un poste caído
Caeu hai aproximadamente oito días e desde entón supón un risco para vehículos e viandantes
G24.gal
12/11/2025 14:10
Veciños de Coirós e Concello non lle quitan ollo desde hai días a un poste de Movistar que está na N-VI camiño de Oza dos Ríos. O vento e a chuvia fixeron que cedera e arestora supón un perigo tanto para viandantes coma para coches. Ademais de caer, deixaría sen Internet toda a zona. Reclaman que o estabilicen axiña.