Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 2026 será o ano en que as compañías xeneralicen a wifi de alta velocidade nos avións

O 2026 será o ano en que as compañías xeneralicen a wifi de alta velocidade nos avións

As compañías garanten ata 450 Mb por segundo, fronte aos 0,01 que hai na actualidade

Iberia é unha das asinou un contrato con Startlink de Elon Musk, a tecnolóxica de satélites que fai posible esta conectividade

A wifi de alta velocidade e de balde será unha realidade durante o voo para todos os pasaxeiros
G24.gal 12/11/2025 15:01

Non sabemos estar desconectados. O teléfono é algo así coma un apéndice do noso propio corpo. Por iso a desconexión obrigatoria durante as horas de voo é para moitos un momento zen.

"A min realmente paréceme unha desconexión total", afirma unha rapaza.

E é que aínda que algunhas compañías ofertan Internet nos seus avións, á hora da verdade é unha quimera.

"Practicamente serve para actualizarse un pouco no WhatsApp, pouco máis"; "É coma se non o tiveran porque non funciona ben", comentan varios usuarios

Isto vai cambiar en breve. Algunhas aeroliñas, entre elas Iberia, xa anunciaron Internet de alta velocidade e de balde a todos os pasaxeiros para o ano que vén. 

"Actualmente a velocidade que temos é aproximandamente de 0,1 Mg por segundo, e isto ofrece 450 Mb por segundo, que é moitísimo máis", explica Santiago Moroño, representate do Colexio Oficial de Enxeñería Técnica de Telecomunicación COETTGA.

Pero para repartir entre todos os usuarios do avión. 

"Non é unha conexión de fibra óptica como a que temos na casa se vivimos nunha cidade e temos fibra", puntualiza o enxeñeiro.

Startlink, a compañía de satélites propiedade do multimillonario Elon Musk é quen o vai facer posible.

"Startlink está avanzando moitísimo na instalación dunha rede potentísima e moi condensada, moi extensa, de satélites de baixa órbita", di Santiago.

Satélites non xeoestacionarios que voan simultaneamente ao redor de todo o planeta e que garanten cobertura en zonas remotas, mesmo por riba das nubes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade