Cargando resultados...
Guíndanlle unha pedra de 6 quilos desde unha ponte ao coche mentres conducía
Malia que o parabrisas quedou esnaquizado, o condutor saíu ileso
G24.gal
13/02/2026 21:28
Un veciño da Estrada denunciou que lle guindaron unha pedra de seis quilos sobre o coche dende unha ponte.
Foi de madrugada. Conducía entre A Estrada e Pontevea cando sentiu un forte impacto que o sorprendeu. Non sufriu dano físico e puido parar o coche.
Coa lanterna do móbil descubriu que se trataba da pedra que logo pesou na casa. Polo aspecto que ten, está convencido de que non se desprendeu da ponte, senón que alguén a tirou.