Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dunha aldea do Carballiño piden máis vixilancia tras varios roubos en casas

Veciños dunha aldea do Carballiño piden máis vixilancia tras varios roubos en casas

Os asaltantes entraron en vivendas nas que os donos non estaban ou viven fóra

G24.gal 05/12/2022 16:06

Moi preocupados están os veciños de Cabanelas, no Carballiño. Din que non dormen tranquilos despois dos numerosos roubos que se están a producir pola zona. Os ladróns asaltaron xa cinco vivendas, en tres delas conseguiron entrar.

A maioría son xente maior que pide máis vixilancia por parte da Garda Civil que está a investigar estes últimos asaltos que se produciron en varias vivendas. En menos de quince días, os ladróns tentaron acceder a cinco vivendas, en tres delas conseguiron entrar. Non levaron moito botín, pero o que si ocasionaron foron importantes danos materiais.

Rufina chegou dende Rusia buscando tranquilidade nesta aldea do Carballiño pero dende hai unha temporada non dorme tranquila, estanse rexistrando numerosos roubos na zona. No garaxe de Rufina tamén entraron, levaron unha cavadora e porque non lles deu tempo a levar máis.

Noutra das vivendas en que os donos están en Castelló mesmo estiveron cociñando e durmindo. Tamén entraron nunha casa, onde os donos decidiron cambiar todas as pechaduras.

Os ladróns xa entraron en cinco casas nos últimos quince días. Pouco levan porque a maioría son segundas residencias e non hai moito de valor no interior, pero si que provocan numerosos danos.

Os veciños están moi asustados, piden máis vixilancia por parte da Garda Civil. Temen que comecen agora a roubar as casas que están habitadas e temen pola súa integridade. Moitos veciños xa optaron por poñer alarmas.

A Garda Civil achegouse esta mañá á aldea de Cabanelas para investigar os roubos. Polo momento descoñecen a autoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade