Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dunha aldea de Punxín reclaman o arranxo dunha estrada chega de fochancas

Veciños dunha aldea de Punxín reclaman o arranxo dunha estrada chega de fochancas

Varios condutores rebentaron xa as rodas e alertan do problema de seguridade viaria

Imaxe da estrada de acceso a aldea de Figueiroa, en Punxín
G24.gal 31/10/2025 13:54

Elsa amosa o acceso á aldea de Figueiroa, onde vive, unha vía sementada de fochancas onde ela xa rebentou unha roda. Non foi a única. Outro veciño que percorre estrada a diario para levar o seu fillo ao colexio denuncia o perigo que supón aínda circulando moi amodo. Segundo di, é preferible ir pola beiravía. Un problema de seguridade que se incrementa co mal tempo e chuvia e que afecta tamén a saída da aldea cara San Amaro.

Joaquín é un dos veciños que máis o padece. Os seus problemas de saúde obrígano a empregar a ambulancia a miúdo. Dende o Concello de Punxín son conscientes, din, dos problemas de seguridade e da necesidade de arranxar a vía, pero están a buscar fondos, afirman, para poder acometer as obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade