Cargando resultados...
Veciños do barrio ferrolán de San Xoán denuncian o afundimento dunha beirarrúa
Veciños do barrio ferrolán de San Xoán denuncian o afundimento dunha beirarrúa
Din que levan máis de dez anos denunciando o problema
G24.gal
25/01/2023 14:01
Os veciños do número dous da rúa de San Pedro, no barrio ferrolán de San Xoán, din que levan anos vivindo un auténtico pesadelo por mor do estado que presenta a beirarrúa e a calzada que teñen diante do seu portal.
Aseguran que cada ano, por razóns que aínda descoñecen, se vai afundindo un pouco máis, ata o punto de superar xa os trinta centímetros. Falan das consecuencias que isto trae consigo: inundacións no garaxe e ata a rotura de tubaxes que nalgunha ocasión os deixou sen gas durante varios días.
Por iso piden que se tomen medidas urxentes antes de que se produza unha desgraza maior.