Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Vilanova de Arousa reclaman medidas para reducir a sinistralidade na PO-306

Veciños de Vilanova de Arousa reclaman medidas para reducir a sinistralidade na PO-306

Sinalan o exceso de velocidade como causa da meirande parte dos accidentes

A pasada fin de semana un turismo saíu da vía e bateu contra o muro dunha casa

G24.gal 02/05/2024 13:59

Atropelos, saídas de vía e accidentes que estiveron a piques de acabar en traxedia... Os veciños do Terrón, en Vilanova de Arousa, están preocupados pola cantidade de sinistros que hai nesta vía. O último a pasada fin de semana.

Juan Grande, veciño da zona, conta que a fin de semana levou un susto grande porque un coche chocou contra o muro da súa casa. Di que "foi unha saída da vía das moitas que se producen nesta zona". Puntualiza que "a sorte foi que non viñera ninguén circulando no outro sentido porque se non estaríamos falando dunha traxedia".

Atribúen a alta sinistralidade á velocidade á que circulan os vehículos pola recta que hai na zona. Piden ás administracións que adopten as medidas necesarias antes de que haxa que lamentar un accidente mortal.

Juan Grande sinala que "o problema é que é unha recta moi grande na que os coches circulan a mais de cento vinte quilómetros por hora cando está limitada a noventa". Piden ás administracións que reduzan os límites e que coloquen redutores de velocidade.

A desesperación é tal que chegaron a poñerse en contacto coa Valedora do Pobo para que intercedera por eles ante os organismos competentes. Denuncian que hoxe o risco de accidentes é moi elevado neste punto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade