Publicador de contidos
Publicador de contidos

Varios veciños atrapan un ladrón en Castro de Ribeiras de Lea

Varios veciños atrapan un ladrón en Castro de Ribeiras de Lea

O inquilino da vivenda asaltada botou a correr detrás dos ladróns

Vixiaron durante días aos veciños do edificio dende un restaurante

G24.gal 02/10/2024 13:42

A localidade lucense de Castro de Ribeiras de Lea foi escenario dun roubo frustrado. Todo grazas á colaboración veciñal.

"Un veciño do edificio oíu ruxir na porta e cando mirou viu dous homes forzando a pechadura. Deu a voz de alarma e varios veciños botaron a correr tras eles. Dous fuxiron nunha furgoneta negra e outros dous campo a través".

O propietario da vivenda correu detrás dun dos homes nunha dirección e outras tres persoas saíron tras o outro. Un conseguiu escapar, pero outro foi retido polos veciños ata que chegou a Garda Civil.

Como lle viron a cara aos ladróns, moitos decatáronse de que era xente que levaba días axexando pola zona e agora caen na conta de que vixiaban dende este restaurante que se atopa xusto diante do edificio as rutinas dos veciños deste portal.

"Houbo xente que se fixou neles días antes, andaban neste restaurante controlando o edificio. Non creo que lle quixeran roubar realmente á persoa á que llo fixeron".

O ladrón detido, de 23 anos, pasou a disposición xudicial, non quixo chegar a un acordo para asumir os danos da pechadura nin os gastos médicos das dúas persoas que durante a persecución quedaron feridas, e quedou en liberdade á espera de xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar